As plantas aromáticas na Festa do San Xoán. A dimensión cultural e natural
O próximo domingo 11 de xuño Surgapa levará a cabo unha actividade para familias financiada pola Diputación de Pontevedra que consistirá nun paseo por Valadares (Vigo) cunha empresa de educación medioambiental para apañar plantas aromáticas.
Esta actividade é gratuita para familias pertenecentes a Anpas de centros adheridos a Surgapa. Aquelas familias que non pertenzan a Surgapa deberán abonar 3 euros por asistente no seguinte número de conta ES82 2080 5063 3330 4002 3267 indicando "San Xoán" e o nome do representante da familia. Deberán enviar xustificante da transferencia ó noso correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. antes do 6 de xuño.
O punto de encontro será o Centro Cultural de Valadares, as 11:00 horas.
Esta actividades ten aforo limitado e poderase suspender por causas metereolóxicas (comunicarase por correo electrónico).
Os asistentes acudirán baixo a súa responsabilidade.
Para inscribirse podedes facelo eiquí: https://goo.gl/forms/vujL1veIYIFmu10r1
A continuación tedes más información do evento.
Fundamentación e obxectivos
As plantas aromáticas e medicinais forman parte do nos patrimonio natural e cultural. Estas plantas son un dos eixos fundamentais do San Xoán ou da Festa do solsticio de verán, xunto da auga e do lume.
É nestas datas, cando unha grande parte delas se atopan en pleno auxe de propiedades e a actividade que propomos puidese ser unha forma de preparación das persoas pequechas para o entendemento do San Xoan ou da Festa do solsticio e a súa importancia como festa cultural.
O campo de acción é o territorio cultural, ambiental, social.
Xa que logo, o medio galego e a lingua que o nomea desde hai séculos, son a base desta proposta que procura fomentar, redescubrir, coñecer e profundar no coñecemento do léxico, das cantigas ou ditos que xorden arredor das especies vexetais ligadas a esta época do ano, cunha significación cultural elevada no noso territorio e que percorren toda Europa.
Ábresenos un abano de coñecemento amplo ao implementar o recurso estritamente natural coa información que nos proporcionan os étimos galegos e a súa orixe, o seu espallamento nomeando núcleos territoriais, a aparición de refráns, ditos ou cantigas, ou o seu protagonismo no universo mitolóxico galego. Ditos ou refráns que nos informan dun xeito de entender a experiencia, étimos que agochan pequenos instantes do noso día, toponimia que amplía a memoria dos lugares nos que se asenta.
Os usos -algúns de vello, outros novidosos- das plantas, froitos, incrementan o entendemento da nosa memoria, tal coma a “menta poexo” (Mentha pulegium) queimada fresca nas casas para axotar a esa “pulegium”, pulga, cando había que lles facer fronte ao teren animais nas casas.
Actividade no exterior
Saída de campo Duración, 2h, 30m
Saída de 2h-3h para apañar plantas aromáticas relacionadas co solsticio. Apañaríanas os rapaces e rapazas, polo que é preciso que leven un cesto o bolsa para recollelas. Na propia saída, ao rematar, utilizando unha parte das plantas aromáticas e medicinais atopadas, elaborarían un enramado similar ao que se pendura nas entradas das casas na noite de Sanxoán para nos protexermos das bruxas.